Thursday, March 13th, 2008 | Author:

Xa está dispoñible a nova versión de contorno de escritorio GNOME. Este contorno de escritorio de software libre do proxecto GNU actualizase cada seis meses e seguindo o seu calendario de desarrollo/lanzamentos lanzou a versión estable 2.22.0 onte 12 de marzo.

Entre as moitas novas características que trae, cabe destacar que se atopa dispoñible en 46 idiomas (entre eles o galego) e por primeira vez chega coa documentación da plataforma en castelán. Se queres colaborar e axudar a traducir este gran proxecto pode contactar co proxecto de tradución de GNOME .

E como non, o desarrollo de GNOME non para e xa están a traballar na nova versión que se liberará dentro de seis meses seguindo o calendario de lanzamento de GNOME 2.24 .

visto en: OUSLI.ORG

You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.
Dejar un comentario

*